Neste caso, é unha imaxe totalmente irrecuperable. Polo seu deterioro e desgaste, a definición das persoas é mínima así como os detalles. Na muller se nos fixamos ben, non sabemos con certeza se o que ten entre as mans é unha capa, un ramo de flores ou outro obxecto así como a textura do vestido. No que respecta ás caras, o número de carencias é tal que unha mínima alteración fai que o rostro cambie por completo e sexan outras persoas. Factor que dificulta a recuperación desta fotografía. Este tipo de fotografías, segundo o seu grao de dificultade, adoitan ser practicamente difíciles de restaurar, cando non imposibles.